DOSIER ADAPTACIÓN ESTATUTOS

LEI 01/2002 DE 22 DE MARZO

 

 

 

 

 

 

 

Centro de Instrucción Y Recreo de Benquerencia

 

 

 

 

 

                                                                 Marzo, 2004

 

 

D. JOSE OTERO MENDEZ, maior de idade, con D.N.I., nº: 33.854.642-E  e domicilio habitual en Benquerencia, c/ Sub-Iglesia, 5 – 2º, teléfonos: 686.686671 e 982.140702 en calidade de PRESIDENTE do Centro de Instrucción Y Recreo de Benquerencia, con domicilio a todo-los efectos en Ba. Do Canteiro, s/n, 27792 Benquerecia (Lugo), e NIF: G-27165745 Inscrita no Censo de Asociacións E Entidades de Galicia, según Rexistro nº C.I.C.: B-01-33/LU-205 no Folio nº 01 Arq. 2394, có oportuno respeito a V.I.,

 

E X P O N:

 

-Que para dar cumprimento  do disposto na  Disposición Transitoria Primeira da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de Asociación, pretende adapta-los estatutos da asociación que representa a citada Ley.

 

-Que para elo tomáronse os acordos oportunos, na mesma Lei recoñecidos, así como se adaptou a redacción dos estatutos a dita normativa, axuntando á presente orixinais de todo-los documentos esixidos para dar tramitación a este proceso, por todo  que de V.I.,

 

S O L I C I T A, que previas as actuacións oportunas por parte dese Departamento, se proceda a acordar a Inscripción de Adaptación a Ley Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, da Asociación: “Centro de Instrucción Y Recreo de Benquerencia”  datos identificativos que aparecen reflexados no encabezamento desta solicitude.

 

DOCUMENTOS QUE SE ADXUNTAN:

 

            1 – Solicitude de Adaptación a nova Lei 1/2002 de 22 de marzo.

            2 – Exemplares  orixinais dos estatutos aprobados pola Asemblea Xeral.

            1 -  Certificación do acta na que foron aprobados os mesmos.

            1 – Certificado de situación de actividade, domicilio social, titulares, cargos, etc. Da sociedade.

            1 – Copia de cada un dos D.N.I., dos membros da Xunta Directiva.

            1 – Copia do N.I.F. da asociación.

            1 – Resgardo de pago das tasas por adaptación de estatutos.

 

 

                        De Benquerencia, para Lugo,  a  un de Abril de 2004

 

                                                                                   O PRESIDENTE:

            

                                                                             Asdo.: José Otero Méndez.

 

 

ILMO.SR.: DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS – DELEGACIÓN PROVINCIAL DE LUGO  - Edificio Administrativo. Ronda da Muralla,70-4ºPlanta.-. 27.001 - LUGO

 

 

 

 

 

Dª. JUSTA BARBEITO PACIOS, Secretaria do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, con domicilio no Ba. Do Canteiro, s/n en Benquerencia, termo Municipal de Barreiros (Lugo),

  

C E R T I F I C O:-Que na REUNIÓN EXTRAORDINARIA celebrada póla ASEMBLEA XERAL do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, o pasado día VINTEOITO DE MARZO DE DOUSMIL CATRO, acordouse  adapta-los Estatutos desta sociedade as previsións da Lei Orgánica 1/2002,  de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e a sumisión ó establecido na mesma.

 

                    E para que así conste, os efectos oportunos, firmo a presente certificación co visto bo e prace do Sr. Presidente, en Benquerencia, a dous de abril de dousmil catro.

 

 

                              Visto Bo e Prace

O  PRESIDENTE:                                                                               A  SECRETARIA:

  

                       Asdo.: José Otero Méndez.                                                                         Asdo.:Juasta Barbeito Pacios

 

 

Dª. JUSTA BARBEITO PACIOS, Secretaria do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, con domicilio no Ba. Do Canteiro, s/n en Benquerencia, termo Municipal de Barreiros (Lugo),

 

C E R T I F I C O:-Que ésta Asociación atopase  en situación de plena actividade e funcionamento, desenrolando o longo do ano numerosas actividades socio culturais, así como obras de mantemento etc.

                                              -Que o domicilio social da Asociación e o descrito neste membrete, Ba. Do Canteiro, s/n – Benquerencia – 27.792 Barreiros (Lugo)

                                              -Que  a Xunta Directiva está formada polos seguintes socios, según acordo do día 28-03-04, cunha duración según do establecido nos estatutos adaptados a Ley 1/2002 de 22 de Marzo de 4 anos:

 

PRESIDENTE:

                JOSE OTERO MENDEZ

                BA. SUBIGLESIA, 5 – 2º

                27792-BENQUERENCIA (LUGO)

                NIF: 33.854.642-E

                TFNO.: 686.686671

VICEPRESIDENTE:

                PEDRO FRANCO RAMOS

                BA. CORTIÑAS

                27792 – BENQUERENCIA (LUGO)

                NIF:77.592.112-W

                TFNO.:982.124346

SECRETARIA:

                JUSTA BARBEITO PACIOS

                BA. CORTIÑAS

                27792 - BENQUERENCIA (LUGO)

                NIF: 33.846.247-E

                TFNO.: 627.905486

VICESECRETARIA:

                ANGELICA BERMUDEZ GRASSIONOT

                BA. AGOLADA

                27792 - BENQUERENCIA (LUGO)

                NIF: 77.595.316-D

                TFNO.:

TESOUREIRO:

                FRANCISCO  PRIETO PRIETO

                BA. ABILLEIRA

                27792 - BENQUERENCIA (LUGO)

                NIF: 76.547.074-S

                TFNO.:

VOCALA 1:

                MARIA JOSE DORREGO VAZQUEZ

                CTRA. GENERAL

                27792 - BENQUERENCIA (LUGO)

                N IF: 77.592.111-R

                TFNO.:

VOCAL 2:

                JULIO JESUS ROCHA EIRAS

                BA. ABILLEIRA

                27792 - BENQUERENCIA (LUGO)

                NIF: 76.558.306-T

                TFNO.:


 

                 E para que así conste, os efectos oportunos, firmo a presente certificación co visto bo e prace do Sr. Presidente, en Benquerencia, a dous de abril de dousmil catro.

 

                              Visto Bo e Prace

O  PRESIDENTE:                                                                               A  SECRETARIA:

 

 

                       Asdo.: José Otero Méndez.                                                                         Asdo.:Juasta Barbeito Pacios

 

ESTATUTOS

DENOMINACIÓN, ÁMBITO E DOMICILIO

 TÍTULO  I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL 

Art.- 1º.- 

            Constitúese no Concello de Barreiros, unha asociación que se denominará: “CENTRO DE INSTRUCCIÓN Y RECREO DE BENQUERENCIA”, e que se rexerá pola vixente Lei Orgánica 1/2002. de 22 de marzo.  reguladora do Dereito de Asociación e demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable, dentro do marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.

 

Art.- 2º.- 

Son fins da Asociación: 

a)   Estudio e resolución dos problemas comúns dos asociados, relacionados co medio, tanto local, como rural e a vida social do territorio que asignan os Estatutos. 

b)  A realización e promoción de actividades culturais e recreativas,  nas súas diferentes formas e manifestacións. 

c)  Cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia dos intereses comúns dos asociados e vecindario. 

d)  A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.

 

Art.-3º.- 

            O domicilio da Asociación radicará en: Ba. Do Canteiro, s/n na parroquia de San Pedro de Benquerencia no Concello de Barreiros Provincia de Lugo.

 

Art.-4º.-

            A Asociación desenvolverá as súas actividades dentro do ámbito nacional, sendo a súa duración indefinida e solo disolverase, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral convocada ó efecto e por calquera das causas previstas nas leis así como por sentencia xudicial firme.  

 
Art.-5.- 

            A Xunta Directiva, como órgano de representación da asociación, será competente para interpreta-los preceptos contidos nos Estatutos, someténdose en todo momento á normativa legal vixente en materia de Asociacións. 

            Os presentes Estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante acordo que validamente adopten a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dentro das súas respectivas competencias.

 

 

TÍTULO II

 DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN

 

Art.-6º.- 

            A Dirección e Administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

 

Art.-7º.- 

            O Presidente da Asociación, que o será tamén da Xunta Directiva, asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e Asamblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.

 

Art.-8º.- 

            A Xunta Directiva é o órgano de representación que xestiona e representa os intereses da Asociación, de acordo coas disposicións e directivas da Asamblea Xeral. Estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Vicesecretario, un Tesoureiro e dous Vocais.

             Solo poderán formar parte da Xunta Directiva aquelas persoas que ostenten a condición de asociados, que sexan maiores de idade, teñan pleno uso dos dereitos civis e non estean incursos nos motivos de incompatibilidades establecidos na lexislación vixente.

 

Art.-9º.- 

            Os cargos que compoñen a Xunta Directiva elixiranse pola Asemblea Xeral, entre tódalas candidaturas que se presenten, resultando elexida de entre todas elas aquela que obteña máis votos, tras un previo proceso no que se fará a presentación de cada unha delas e do seu programa de goberno pola persoa que as encabece. En todo caso nas candidaturas presentadas á Xunta Directiva deberán estar perfectamente determinados e distribuídos os distintos cargos da mesma entre os seus integrantes. 

            Os cargos da Xunta Directiva, durarán un periodo de 4 anos, aínda que poderán ser obxeto de reelección, renovándose por metade cada dous anos. Na primeira quenda serán renovados o Vicepresidente, o Vicesecretario e un Vocal; e na segunda quenda, ós dous anos seguintes, o Presidente, o Secretario, o Tesoureiro e outro vocal. O primeiro mandato dos cargos da segunda quenda de renovación durará un ano máis. 

 
 
Art.10º.- 

            Os membros da Xunta Directiva NON percivirán retribución polo cargo desempeñado, sendo a súa contía determinada en todo caso pola Asemblea Xeral.

 

Art.11º.- 

            É función da Xunta Directiva, programar e dirixi-las actividades sociais e leva-la xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o presuposto anual de gastos e ingresos, así como o estado de contas do ano anterior.

 

Art.12º.-  

            A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente, a iniciativa propia ou a petición de polo menos tres dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente, e a falta de ámbolos dous, polo membro da Xunta Directiva que teña máis idade. 

            Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados por maioría de votos dos asistentes, sendo precisa a concorrencia, polo menos da metade máis un dos seus membros, incluídos o Presidente e o Secretario ou quen estatutariamente os sustitúan. Das sesións o Secretario, ou no seu defecto, o Vicesecretario, levantarán acta, que se transcribirá ó libro de Actas.

 

Art.13º.- 

            Os membros da Xunta Directiva presidirán as Comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de demandar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas Comisións o número de Vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos Presidentes.

 

Art.14º.- 

            O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades asignadas no Art.7º, as seguintes atribucións: 

a)   Convocar e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións de unha e outra, decidindo con voto de calidade no caso de empate. 

b)  Propoñe-lo plano de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas. 

c)  Ordena-los pagamentos acordados validamente. 

d)  O Presidente estará asistido nas súas funcións polo Vicepresidente, que ademais o sustituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

  

Art.15º.- 

            O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o Libro de Rexistro de Socios e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Auxiliarao nas súas funcións e substituirao nas súas ausencias o Vicesecretario.

 

Art.16º.- 

            O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente. Así mesmo, formalizará o presuposto anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, que deben ser presentadas á Xunta Directiva, para que esta  a súa vez, os someta á aprobación da Asemblea Xeral.

 

Art.17º.- 

            Cada un dos compoñentes da Xunta Directiva, terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia Xunta lles encomende.

             Incunbirá de maneira concreta ó Secretario, no seu caso, ó Vicepresidente, velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de Asociacións, custodiando a documentación oficial da entidade e facendo que cursen á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais as comunicacións sobre designación da Xunta Directiva, celebraciáon de Asembleas Xerais, formalización do estado de contas e aprobación dos presupostos anuais.

 

Art.18º.-  

A Asemblea Xeral é o organo supremo de goberno da Asociación, integrada polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e que reunirase sempre que o acorde a Xunta Directiva, por propia iniciativa ou polo que acorde a décima parte dos seus asociados.

 Obrigatoriamente a Asemblea Xeral deberá ser convocada en sesión    ordinaria,  polo menos unha vez ó ano, para aproba-lo Plano Xeral de actuación da Asociación, censura-la xestión da Xunta Directiva, aprobar, no seu caso, os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondentes ó ano anterior e cantas outras se sometan á votación no capítulo de rogos e preguntas.

 

 

Art.19º.- 

            A Asemblea Xeral  convocarase pola Xunta Directiva, con cararter extraordinario, cando o esixan as disposicións vixentes, o acorden os membros da Xunta Directiva ou o solicite un número de asociados non inferior ó 10 por 100, e en todo o caso para a modificación dos Estatutos, así como para elexi-los membros da Xunta Directiva, disposición ou alleamento de bens, determinación das retribucións dos membros da Xunta Directiva, disolución da Asociación, expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva, aprobación do regulamento de réxime interno da asociación e a solicitude da Declaración de Utilidade Pública. Tamén é da súa competencia a Constitución de Federacións, Confederacións ou Unións ou a súa integración nelas. 

 
 
Art.20º.-  

As convocatorias das Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, serán feitas por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a primeira convocatoaria e o día da reunión deberá mediar polo menos quince días naturais; a segunda convocatoria realizarase media hora máis tarde da primeira.

             Así mesmo incluirase na orde do día das convocatorias aqueles asuntos propostos por un número de asociados non inferior o 10 por 100, que as presentarán perante o Secretario da Xunta Directiva cunha antelación mínima de sete días á celebración das sesións das Asembleas Xerais.

 

Art.21º.- 

            A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria de modificación dos Estatutos da Asociación estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abrindose un prazo de sete días para que calqueira asociado poida dirixir ó Secretario as propostas e enmendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma.

 

Art.-22º.- 

            As Asembleas Xerais Ordinarias ou Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria, cando concorran a elas, presentes ou representados, a metade máis un dos asociados, e en segunda convocatoria cando asistan a décima parte dos mesmos.

 

Art.23º.- 

            Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen ós negativos. Non obstante, requerirán maioría cualificada das dúas terceiras partes das persoas presentes ou representadas, os acordos relativos á disolución da asociación, modificación dos Estatutos, disposición ou alleamento de bens e remuneración os membros do órgano de representación.

  

Art.24º.-  

            A Xunta Directiva resérvase o dereito de decisión, sobre situacións non contempladas nestes Estatutos, sempre que non sexan incompatibles coas xa existentes e non estean en contradición coa Lei vixente reguladora do dereito de asociación e demais disposicións regulamentarias que a deselvolvan.

 

Art.-25º.- 

            Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

 

Art.-26º.- 

            A Asociación disporá dunha relación actualizada dos seus asociados, levará unha contabilidade que reflicta a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financieira da entidade, así como as actividades realizadas, efectuará un inventario dos seus bens e recollerá nun libro de Actas as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.

  

TÍTULO III

 DOS ASOCIADOS, DEREITOS E OBRIGAS 

Art.27º.-

             Poderán ser membros da asociación, libre e voluntariamente, as persoas físicas, que dalgunha maneira teñan interese en servi-los fins da mesma e sexan admitidos pola Xunta Directiva, a cal poderá outorga-lo nomeamento de membro honorario ou de número ás persoas que estime oportuno, a título meramente honorifico, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado. Será condición imprescindible e indispensable para ser membro da Asociación, ser natural de SAN PEDRO DE BENQUERENCIA, descendente dun socio, ou que acredite un primeiro grao de parentesco con algún dos supostos antes citados, non sendo condición obrigatoria residir en Benquerencia.

             As persoas físicas deberán ter capacidade de obrar e non estarán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito. Os menores non emancipados de máis de catorce anos necesitarán o consentemento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.

 

Art.-28º.-

             Aquelas persoas que desexen pertecer á Asociación, solicitarano por escrito o Presidente, o cal dará conta á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do asociado con recurso perante a Asemblea Xeral.

 

Art.-29º.-

             Os asociados poderán solicita-la sua baixa na Asociación voluntariamente, en calqueira tempo, pero isto non lles eximirá de satisface-las obrigas que teñan pendentes con ela.

             A Xunta Directiva poderá separar ou expulsar da Asociación a aqueles asociados que os fagan indignos de seguir pertecendo á mesma, así como adoptar calquera outra medida disciplinaria contra aqueles. A separación ou expulsión, así como calquera outra medida disciplinaria adoptada, será precedida de expediente no que deberá ser oido o interesado, o cal será informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser comunicado o acordo que, no seu caso, impoña sanción. Este acordo en todo caso deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdición ordinaria.

  

Art.-30º.-

             Os asociados terán os seguintes dereitos: 

a)   Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organice para tódolos asociados.

 b)  Gozar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda ter.

 c)  Asistir e exercita-lo dereito de voz e voto nas Asembleas Xerais.

 d)  Ser nomeado membro da Xunta Directiva, na forma que prevén os Estatutos.

 e)  Posuír exemplar destes Estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.

 f)   Ser informado sobre a composición da Xunta Directiva da asociación.

 g)  Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

 h)  A impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei e ós Estatutos.

  

Art..-31º.-

             Os asociados poderán ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxi-los presentes Estatutos, ou os acordos da Asemblea Xeral ou a propia Xunta Directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes, ata a separación definitiva da Asociación, nos mesmos termos que prevén o artigo 29º

 

Art..-32º.-

            Serán obrigas de todo-los asociados: 

a)   Comparti-las finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.

 b)  Observar unha boa conducta individual e cívica.

c)  Acata-los presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral.

 d)  Aboa-las cotas periódicas, derramas e outras contribucións que acorde a Asemblea Xeral.

 e)  Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen.

 f)   Cumpri-lo resto de obrigas que resulten destes Estatutos.

  

TÍTULO  IV

DO RÉXIME ECONÓMICO E DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Art.-33º.-

             O presuposto anual da Asociación é indeterminado ou no seu caso será o que se determine a principios de cada ano pola Asemblea Xeral, e  ten o seguinte patrimonio, todo el na parroquia de San Pedro de Benquerencia, termo municipal de Barreiros (Lugo): 

ü                           Edificio colonial de duas plantas, pista de baile, servicios, pozo, e palco de música, todo elo cerrado por muro de pedra, no lugar denominado O Canteiro.

ü                           Terreos anexos o descrito anteriormente, pola parte norte do edificio, separados por camiño público, pechado no seu perimetro con muro de bloque, e con pista de deportes no seu interior, pendente de rematar.

ü                           Edificacións no lugar de Agolada, composta por nave en ladrillo e techume de uralita, servicios, e dous locais anexos de usos varios, xunto con os terreos onde se asentan.

ü                           Enseres propios dos bens antes relacionados.

 

Art.-34º.-

             A data de peche do exercicio económico da asociación será a de 31 de decembro de cada anualidade e as contas da asociación serán aprobadas anualmente pola Asemblea Xeral, polo que deberán ser postas previamente a disposición dos asociados durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da referida Asemblea Xeral.

 

Art.-35º.-

             Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes: 

a)               As cotas periódicas que acorde a Asemblea Xeral.

 b)              As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea Xeral.

 c)              Os productos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subvencións, legados, doazóns que poda recibir en forma legal.

d)              Os ingresos que obteña a Asociación mediante o exercicio de actividades económicas licitas que acorde realiza-la Xunta Directiva, incluidas as prestacións de servicios, deberán destinarse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins estatutarios.

 

 Art.-36º.-

             A administración dos fondos da Asociación, levarase a cabo, sometida á correspondente información e intervención e coa publicidade suficiente, a fin de que tódolos asociadoss podan ter coñecemento periodicamente do destino dos fondos, sen prexuizo do dereito consignado a este respecto no apartado g) do art.30 destes Estatutos.

 
Art.-37º.-

             No caso de disolverse a Asociación, a Asemblea Xeral que acorde a disolución, nomeará unha Comisión Liquidadora, composta por cinco membros, a cal farase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente, se o houbera, sexa entregado a calqueira entidade legalmente constituida, con domicilio nesta provincia, que se dedique a iguais, ou no seu defecto análogos fins, que esta asociación, ou unha entidade benéfica.

 

            Así mesmo, no caso de insolvencia da asociación, a Xunta Directiva, ou, se é o caso, os liquidadores nomeados pola Asemblea Xeral, promoverán de inmediato o oportuno procedemento concursar perante o xuiz competente.

 

            En proba de conformidade co presente proxecto de Estatutos, asinan tódolos membros constituintes da asociación que se propón.

  

DILIXENCIA:  Para facer constar que os presentes estatutos foron modificados para adaptalos ás   previsións da Lei  Orgánica 1/2002. de 22 de marzo, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada ó efecto, na data 28 de marzo de 2004

 

                        Visto Bo e Prace

O PRESIDENTE:                                                                                A  SECRETARIA:

  

                       Asdo.: José Otero Méndez.                                                                         Asdo.:Juasta Barbeito Pacios

 

Presentación.

Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia - Historia.

Actividades.

Situación e patrimonio. Así estaba...... Así está.

Proxecto remate das obras e instalacións.

Presuposto das obras

Petición axuda.

 

1.- PRESENTACIÓN

Este proxecto de remate de obras, que ahora pasamos a desenrolar, pretende ser a culminación de DOCE anos de duro traballo por parte da Directíva do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, e dun pobo enteiro que dende o primeiro momento non escatimou horas de traballo e esforzo para levar adiante o proxecto inicial que ahora pretendemos rematar.

Confiamos firmemente, (o igual que ata ahora o fixemos), na nosa Administración Autonómica, e esperamos que logo de que éste pequeno proxecto sexa desmenuzado, poidamos acadar a axuda precisa para dunha vez e por todas rematar as nosas obras, e poder darlle a vida definitiva que se merecen as instalacións e os veciños de Benquerencia.

Benquerencia, Xaneiro do 2000

 

2.- O CENTRO DE INSTRUCCIÓN E RECREO DE BENQUERENCIA - A SUA HISTORIA

O Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, na actualidade, sin lugar a dúbida, é o motor da cultura, o deporte, e da vida social e profesional do pobo de Benquerencia, pois o redor desta institución xiran case que tódaslas actividades, lúdicas, culturais e profesionais dos veciños do pobo e arredores.

A Sociedade nace alá polo ano 1905, sendo naquela época edificio destinado a ESCOLAS PRIMARIAS DE ENSINANZA, nacendo gracias as aportacións dun importante número de socios fundadores, na sua casi totalidade emigrantes nas Americas, que mandaban os seus aforros para a nosa terra, levantandose con ese diñeiro e a participación dun pobo unido, un gran edificio de estilo colonial, con piso baixo, e alto; este último dividido en dous locais (escola para nenos, e escola para nenas).

No ano 1907, e de igual xeito, construese a actual pista de baile, e o palco da música, tamén con un tilde colonial e con unha fermosa pista de cemento decorada en varios tonos de vermello, de estilo circular, e con escaleiras laterais que ata ahora, acolleu todolos anos as duas festas patronais, unha na honra da nosa patrona a Virxen da Candelaria, e a outra na do patrón San Pedro, ademáis de soportar un gran número de actividades paralelas, organizadas polo Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia.

Logo co paso do tempo, e coa desaparición das Escolas Primarias, a sociedade pasa a formar parte da R.N.T. (Rede Nacional de Teleclubes), época na que a sua vida e dinámica acadou unha grande importancia na sociedade e formas de vida déste pobo e dos lindeiros, ademáis de seguir sendo sede e dando cobixo a Sociedade Gandeira de Benquerencia.

Coa desaparición dos Teleclubes, O Centro caeo nun compas de abandono e paralización, que se prolonga por casi unha decada e media, así a Sociedade non fai frente a ningún tipo de actividades, e o seu edificio queda practicamente convertido en ruinas, chove dentro, o tellado está casi derruido, as fiestras están rotas e sin cristais, as portas e muros desfeitos, así como un importantisimo deterioro dos arredores.

Chegado o ano 1991, e logo de anteriores intentos, un grupo de xoves, decidimos emprender un ambicioso proxecto de restauración e dinamismo da sociedade, edificio, anexos, etc. E logo dos moitos, duros e longos prazos burocrátricos, faise o primeiro chamamento popular os veciños de Benquerencia, para que acudan a traballar, física, económica ou moralmente, na restauración do edificio, arredores, xardíns, etc.. A resposta non se fixo esperar e de forma masiva, e sin límites, traballamos forte e desinteresadamente, cativos de 6 e 7 anos xunto con anciáns de 93; tanto foi así, que ata o ente da TVG, acudio a semellante feito para se facer eco delo. Decían os mais ancians, que non acordaban tal convocatoria de xente dende que se fixera na zoa o ferrocarril.

Así perante casi 8 anos, por fin o edificio está pletórico, e casi rematado, cambiouselle o tellado, e a cangaxe, adecentouse o peche do edificio, arranxamos o chan da pista de baile, así como o muro de cierre exterior da finca, púxose un novo teito e chan na primeira e segunda pranta do edificio, con madeira de xatoba, fixeronse novas instalacións eléctricas interiores, así como de fontaneria, desaugues, etc. colocáronse as aceras exteriores, arreglouse un fermoso pozo que ten o edificio, así como fixeronse novos aseos, pintouse o edificio e anexos, (tanto no exterior como no interior), rematouse un novo escenario no salón de actos e dotouse dun telón, restauráronse os móbeis antergos que tiñámos nas instalacións, fixose unha sala de exposicións, así como outra serie de pequenos arranxos, non por elo menos costosos nin importantes.

E todo esto foi feito con pequenas axudas do Concello, Diputación Provincial, e da Xunta de Galicia, si ben a maior aportación foi a feita polos socios, quenes colaboraron economicamente pero sobre todo co seu traballo, xa que a maior parte dos traballos foron feitos desinteresadamente polos socios, sendo ésta sen lugar a dudas a maior das aportacións.

Ademáis O Centro conseguio a propiedade da Cooperativa Agricola de Benquerencia, que fora creada por varios veciños de Benquerencia, e que contaba con unha finca duns 6.000.- ms. Cadrados nos que se atopaba unha nave de 20ms x 15ms que se utilizaba para almacén da cooperativa, así como de dous anexos mais, que eran utilizados un para un centro de inseminación artificial, e o outro para bascula de pesado dos animais. Esta propiedade pasou para o Centro de Instrucción e Recreo, por cesión da cooperativa, o estar a piques de desaparecer por falla de xestión a misma, si ben nestes bens, ata o de ahora, so se poido facer uns pequenos arranxos, consistentes no arreglo dun dos locais para convertilo en aula de Informática, e no outro fixéronse unhas oficinas para o Centro, ademais de facer un novo local no que se puxeron uns servicios.

Ahora chegou a hora de rematar definitivamente o escomenzado fai casi 9 anos, para con elo dar por finalizado aquel fermoso proxecto que naqueles intres parecía inalcanzable, pero que coa axuda das institucións e dun pobo unido, xa non o é.

¡Contamos con vos, para este último empurrón.!

 

3.- ACTIVIDADES

Dende o principio desta etapa, o Centro de I. e R. De Benquerencia, a parte de estar a restaurar todo o edificio e patrimonio, non cesou de organizar e desenrolar unha importantisima labor cultural, deportiva e social en Benquerencia e arredores, así oxe en día, O C.I.R. de Benquerencia ten vida propia, y entre outras fixeronse e estanse a facer (pois as actividads todas elas tiveron e teñen continuidade no tempo) unha serie de actividades, e actos que teñen unha importancia vital para o desenrolo desta vila, entre as que podemos destacar pola sua captación de xente y espectacularidade as seguintes:

-CABALGATA DE REIS, a máis anterga da Mariña Luguesa, fai un amplo recorrido (ahora en carroza, ata fai tan so uns anos en cabalos) por todo o pobo, rematando no Canteiro, donde se entregan os regalos os cativos. Suliñar que esta e a única cabalgata da Mariña, na que se entregan os regalos que os cativos reciben na sua casa, e decir, os que realmente levan para o seu fogar e dos que disfrutan perante todo o ano, sendo a sua concurrencia masiva, chegando as instalacións a moi pouco.

-BAILE DA CANDELARIA (Patrona do pobo), na que o remate do festexo, e como ocurriga de antergo ( as vellas lugareñas, bailaban o último baile co candil preso, para recuncar o fogar, e para que tomase a fogaxe suficiente para a alumar o camiño e non se apagara) celebrase o xa tradicional BAILE DO CANDIL, no que a festa inda que rematada toma un cor especial cos distintos córes dos candis encendidos o son do xa tradicional baile a ritmo de vals.

-CURSOS DE MACRAME E BORDADO, sempre en colaboración coa Consellería da Muller, estes curso de bordado e confección en macramé, están a ter unha aceptación incrible, e por suposto con continuidade no tempo.

-Curso de restauración de mobeis antergos, o cal tivo a maior das concurrencias, nel aproveitamos para restaurar os mobeis propios nosos, servindo o mesmo tempo de `práctica para os alumnos, .-....¡Fermoso....!

-CURSOS DE MECANOGRAFIA, con continuidade dende o principio déste proxecto, tivo unha concurrencia dende o seu comenzo (casi nove anos) de casi 450.- alumnos, nenos e non tan nenos.

-CURSOS DE INFORMATICA, estes cursos están a ser unha das actividads fortes do Centro, pois a sua concurrencia e masiva, e máis cando os mesmos e gracias a ACADEMIA EMI, están a adaptarse as necesidades do entorno laboral, así se fixeron cursos especiais para pequenos e medianos empresarios, (facturación, estocaxe, contabilidade, etc) os cales tiveron unha resposta mais que popular. Pasaron o longo dos anos de desenrolo desta actividade 618 alumnos.

-CHARLAS MEDICAS SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

-CHARLAS MEDICAS E ORIENTATIVAS SOBRE A PREVENCION E TRATAMENTO DO CANCRO

-CHARLAS DIVERSAS SOBRE O SISTEMA TRIBUTARIO, AGRARIO E GANDEIRO, COTAS LEITEIRAS ETC.

-CAMPIONATO DE PING-PONG.

-SARDIÑADA POPULAR, E FOGUEIRA DO SAN XOAN, actividade na que concurren unha media de 200 persoas da zona, e na que o remate, os mais vellos, no medio da xuventude sacan a relucir aquelas cantigas de antergo, e anecdotas que nos fan a todos pornos no lugar que ocupamos. ¡Algo para vivilo, e non para contalo...!

-FESTAS PATRONAIS DO SAN PEDRO

-EXPOSICIONS DE FOTOGRAFIA

-EXPOSICIONS DE CRISTAL GRAVADO

-EXPOSICIONS DE PINTURA O OLEO.

-MAGOSTO POPULAR, no que o igual que a sardiñada popular, a concurrencia e desbordadora, pasando sempre unhas noites de ledicia inesquecibles.

-ACTUACION DE MAGOS E PRESTILIXITADORES, na última das actuacións, o local desbordouse, tendo que estar a xente casi amoroada, nos pasillos, local anexo, etc.

-I FESTA DA XUVENTUDE E DA TERCEIRA EDADE “XUNTOS NO TEMPO”, actividade na que o longo do día se xuntaron vellos e xoves, nunha fermosa convivencia, con xantar, misa, baile, exposicións, xogo dos bolos, etc. “decían os mais antergos do lugar, que esto xa tivera de ser antes, que non acordaban xornada semellante dende facía moitisimos anos” ¡ Éxito total..!

-GRUPO DE TEATRO XUVENIL O CANTEIRO, creación do grupo de teatro xuvenil “O CANTEIRO” formado todo por cativos dende os oito ata os catorce anos.

Grupo que puxo en escea a sua primeira obra, sendo tal a sua aceptación que tivemos que repetila outras duas veces, pois non collía a xente nos locais, pero, o mais importante non foi a obra en si, o importante e que os propios membros son os que confeccionan os decorados, os inventan, etc, sendo dese xeito o mismo tempo un taller de artesaía. ¡Fermoso..!

-XOGO DOS BOLOS, recuperouse o tradicional xogo dos bolos, actividade que deu nos seus tempos o nome o edificio e o lugar, (canteiro e a pedra donde se colocan os bolos) e que sempre estivo ligado o funcionamento do edificio.

-CURSIÑOS DE INICIACION DO GALEGO

-CURSIÑOS DE PERFECCIONAMENTO DO GALEGO.

-CURSO DE PINTURA O OLEO: Desenrolanse baixo a dirección do Mestre Pintor ANGEL CARREGAL, coñecido como Aaxel Da Pola, e fanse dous cursiños no ano, un de iniciación e outro de perfeccionamento, sin limite de edades, e sempre baixo unha prespectiva didactica e de formación. Está a ser unha das actividades fortes do Centro.

-ADEMAIS, de outras moitas actividades que a bon seguro se nos quedan no tinteiro, as instalacións do Centro, inda que sin rematar, son utilizadas polos veciños e xentes do aredor, para celebrar as suas xuntanzas, polo que o Centro ten vida, siben precisa de rematar integramente as obras para poder dar un maior servicio as suas xentes.

-Facer mención a que a Directiva ten un amplo proxecto de novas actividades, que terán loxicamente luz verde, na medida que as instalacións o vaian permitindo, polo que é sumamente importante poder rematar as obras, e de esa necesidade, ESTE PROXECTO, que para algúns pode ser unha anécdota máis dun momento determinado dun pobo que ahora ten un BOON. Pero pensamos sinceramente que a nosa traxectoria non indica eso, si non todo o contrario, e por elo estamos plenamente convencidos que aquela aventura que iniciábamos fai xa tempo está cada día mais preto de nos e dos nosos veciños, que ademais demostraron que cando se ten que poñer o hombro. NON FALLAN.

 

4.- UN ANTES ......... UN AHORA.

A situación do patrimonio do Centro dende que o novo tramo se iniciou, foi totalmente cambiante, tal e como se desprende do anteriormente narrado, o que ven a demostrar que aquí as axudas recibidas de parte dos distintos Organismos e Institucións, tano públicas como privadas, MULTIPLICANSE, e si non vexamos por curiosidade o seguinte informe fotográfico, que nos revela claramente a situación actual (inda que sin rematar) e a ruinosa na que se encontraba cando chegou as nosas mans, eso sin ter en conta as actividades realizadas pola sociedade, polo que nos atrevemos a decir “que nesta ucha, podense meter os cartos....non merman.... MEDRAN”

 ¡ollade o antes .... e o ahora....!

 

5.- PROXECTOS PENDENTES DE REMATAR

 

5.1.- A CAFETERIA SOCIAL DO CENTRO

Este proxecto inicial de instalación dunha cafetería que poida dar servicio o pobo, e o propio Centro, (pois son moitas as actividades que se fan o longo do ano, e as que se poderían facer, pero que precisan evidentemente deste servicio, que está a ser reclamado con urxencia), xa comenzou a ser executado na sua primeira fase, pois limpáronse os cales de todas as paredes dos baixos para logo rexuntar e barnizar a pedra, xa que esta vai a quedar a vista. A nosa intención e darlle un aire rústico acorde co entorno, así nela, e según os croquis adxuntos, instalaremos a modo de barra e zona de bar, un horreo típico do pais todo el en pedra e madeira, un pozo con abrevadeiro, e un pequeño escenario a partir dun carro do noso pais. No chan respetaremos as lousas de cantería catedralicia, e intentaremos colocar as portas e ventas en madeira, e con contraventanas interiores, para darlle ambiente e calor a decoraciòn da cafetería, a cal pretendemos ter aberta como se doutra se tratase, para así darlle máis vida a asociación, e polo tanto maior disfrute os socios e veciños.

 

5.2.- ACERAS EN PEDRA DE CANTERIA

Como se pode apreciar nas fotos anteriores, a 1ª fase das aceras feitas orredor do edificio, e que dan acceso o mesmo, están en cemento, si ben a idea e que sexa colocado encima do mesmo, pedra de cantería, para seguir respetando o entorno colonial do edificio.

 

5.3.- ALUMEADO EXTERIOR

Semellante obra nin que decir ten, que merece un alumeado exterior especial, así temos previsto a instalación de farolas rústicas nas esquinas da pista de baile, edificio, así como varios puntos de luz na zona axardinada, xa que a instalación subterranea xa se fixo na 1ª fase, quedando tan só por facer a obra da superficie. (ver presupostos adxuntos)

 

5.4.- ANTERGA NAVE DA COOPERATIVA E ANEXOS

No tocantes a outra parte do edificio do Centro e no que fora o edificio e nave da Cooperativa Agraria de Benquerencia, xa se adecentaron parte dos locais, convertindo un deles en oficinas do Centro, e facendo uns servicios anexos, ademáis de dotar dos servicios de Luz, Auga e Teléfono as instalacións, sendo a idea do proxecto inicial o habilitar ambolos dous locais (nave principal e nave do centro de eseminación e báscula) para un multiusos, e decir, si preparamos os locais según do proxecto, disporiamos duns locais amplos e totalmente dotados de tódolos servicios, no que poderiamos impartir todo tipo de cursiños, que ata o de agora se están a facer, hipotecando a sala de exposicións, e salón de actos do outro local, ademáis éste novo local por ser moito máis amplo tanto en superficie como en altura, permitirianos afrontar outra serie de cursos e actividades que ata o de agora non nos son posibles, tendo deste xeito tamén un bo local para amplas reunións, e actividades que tanto nos fan falla os veciños de Benquerencia e o propio Concello. Axunto remitese nas seguintes páxinas presupostos das obras anteriormente referidas.

 

6.- PRESUPOSTOS DAS OBRAS A REALIZAR

 

6.1 - PTO. DA CAFETERIA

6.2 - PTO. ACERAS

6.3 - PTO. ALUMEADO EXTERIOR

6.4-PTO. ANTERGA COOPERATIVA - ANEXOS

 

7.- AXUDA.....¡ POR FAVOR ¡

 

Como a bon seguro poidéstedes comprobar, ata o de agora fixemos todo canto estivo nas nosas máns, é claro y evidente que aquel proxecto no que nos metimos, xa non está tan lonxe como se pensaba, falta moi pouquiño en comparación co camiño percorrido ata oxe, atrás queda o esforzo e a ilusión de moitos veciños, e dunha directiva que non escatimou esforzo algún para chegar a onde nos atopamos.

O que si está claro, é que este pobo, y esta directiva, traballamos coa axuda dos Organismos, pero o que seguro fixemos foi poñer toda a nosa ilusión e forza para que esto chegue a bon porto.

Por elo, ahora queremos pedir de ése Organismo que non nos abandone ahora, que non deixe morrer éste proxecto y a ilusión dun pobo que o merece todo....

.......POR FAVOR ......

dádenos ese DERRADEIRO EMPURRON ECONÓMICO, que tanto nos fai falla para rematar todalas obras. AHORA, e un momento moi importante, para que os novos proxectos de actividades e desenrolo económico e social que temos en mente poidan ter luz verde, AHORA, é cando de verdade necesitamos de vos...

NON NOS FALLEDES......¡

 

GRACIÑAS POR ANTICIPADO

Contacto:  CADRAMON03@TERRA.ES

MAPA DEL SITIO

Al final de cada página se inserta el mapa del sitio con el fin de que todo visitante que lo desee, pueda navegar sin marcos o "frames". Para volver a navegar con marcos, simplemente ir a Inicio.

Inicio    
Presentación    
El Municipio Saludo del Alcalde  
  Mapas Situación
    Mapa Escala 1:50.000
    Mapa Escala 1:25.000
    Mapa Geológico
    Ortofotos
  Características
  Casas de Indianos
  Patrimonio Etnográfico
  Curiosidades
  El Escudo de Barreiros
  Galería Fotográfica
Historias San Miguel de Reinante Historia
  Curiosidades
  San Xusto de Cabarcos Historia
  Otras
Senderismo San Estevo do Ermo  
  Camino Norte de Santiago  
  El Río Masma  
  Las playas de Barreiros  
  Monte Comado  
  Monte Cornería  
  San Caetano  
  Remourelle (Ribadeo)  
  De San Cosme a San Miguel  
Agenda
Asociaciones

Asociación Folclórica O Arco da Vella Historia
  Álbum Fotográfico
  Galería Fotográfica
  Iberia C. F. Historia
  Álbum Fotográfico
  C. F. Celta-Barreiros
  Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia
  Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade
  Club Ciclista Barreiros
  Equipo Ciclista Mobles Folgueira
  ATRIDOM
  Grupo Musical LECER
  A.C.D. O Varal
Enlaces Sitios Oficiales
  Lugares Próximos
  Otros Enlaces
Foro
Libro de Visitas
Novedades
Contacto